Charla de sensibilización da campaña Toponomízate en Outeiro de Rei

TerraChaXa
Outeiro de Rei acollerá o venres 15 de outubro, no salón de actos da Casa da Cultura ás 19:00 h, unha sesión da campaña Toponomízate.
charla toponomizate outeiro
4 Oct 2021

O Concello de Outeiro de Rei acollerá o venres 15 de outubro, no salón de actos da Casa da Cultura ás 19:00 h, unha sesión da campaña Toponimízate impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Real Academia Galega (RAG).

Con este proxecto pretendese acadar unha información moi valiosa sobre a historia do galego falado nas diferentes contornas e sobre os modos de vida dos nosos antepasados, os feitos históricos que foron relevantes para eles e as características da paisaxe no momento en que se bautizou cada anaco da súa terra. Porque en Galicia todo está nomeado e cada nome ten unha historia que contar, un anaco de historia local que non figura nos libros.

Nesta charla, aberta á participación de todas as persoas interesadas, trataranse entre outros temas sobre a importancia e a riqueza da toponimia galega como patrimonio inmaterial; os motivos da abundancia de topónimos no noso país e as causas polas que se están perdendo nos últimos tempos; como achegar novos topónimos o corrixir os rexistrados no visor de topónimos existe na plataforma colaborativa Galicia Nomeada.

Esta charla será impartida polo responsable de Toponimia da RAG, Vicente Feijoo Ares.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1733341217041