Charla en Muimenta sobre a prevención de infeccións e o uso responsable de antibióticos

TerraChaXa
As persoas interesadas poden inscribirse de forma gratuíta a través do teléfono 677 113 980 antes do 20 de outubro
medicamento-medicina-pastillas-tension
16 Oct 2025

A Asociación Cultural, en colaboración co Servizo Galego de Saúde, organiza o vindeiro venres 23 de outubro de 2025, ás 17.00 horas, unha charla informativa sobre a prevención de infeccións e o uso axeitado dos antibióticos. O encontro terá lugar no local social do Centro Médico de Muimenta.

A actividade, de carácter gratuíto, ten como obxectivo concienciar a poboación sobre a importancia de coñecer as diferenzas entre virus, bacterias, fungos e parasitos, así como os mecanismos de transmisión das enfermidades infecciosas. Tamén se abordarán cuestións como os grupos de risco, os consellos básicos para previr este tipo de enfermidades, a hixiene de mans e o uso responsable dos antibióticos para evitar resistencias.

As persoas interesadas poden inscribirse de forma gratuíta a través do teléfono 677 113 980, tanto por whatsapp como por chamada, ou contactando con calquera membro da directiva da asociación antes do 20 de outubro.

Esta iniciativa pretende promover hábitos saudables e fomentar o coñecemento da cidadanía sobre o papel fundamental da prevención e o uso racional dos medicamentos antimicrobianos.

⚙ Configurar cookies
0.06737208366394