Charla informativa sobre o Ingreso Mínimo Vital nas Pontes
A agrupación socialista das Pontes organiza, o vindeiro xoves, 25 de xuño, unha charla informativa sobre o ingreso mínimo vital.
Este encontro, que se celebrará, ás 19:00 horas, no auditorio da Casa do Dopeso (aforo máximo de 159 persoas), ten como obxectivo intentar dar resposta a todas as cuestión relativas á tramitación desta medida histórica, que supón un paso significativo na xustiza social (persoas beneficiarias, requisitos para a súa obtención, solicitude, contía, duración, etc.)
O acto, que será presentado por Dona Tania Pardo Cabarcos, Concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude do Concello das Pontes contará coa participación de Dona Montserrat García Chavarría, Deputada no Congreso dos Deputados, e Dona Pilar López-Rioboo Ansorena, Subdelegada do Goberno na Coruña.