Charla para familias de Castro de Rei sobre o uso dos videoxogos
TerraChaXa
O concello de Castro de Rei organiza unha charla sobre o perigo dos videoxogos e outros dispositivos electrónicos, o 7 de maio, ás 16:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea.
6 Maio 2019

Esta charla ten como obxectivo prioritario informar ás familias sobre hábitos saudables e os riscos que supoñen os videoxogos para a mocidade.
A charla será impartida por Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social.
A través desta charla o Concello busca ofrecer orientación sobre unha nova realidade social, o modo máis axeitado para convivir con ela e alertar dos riscos que o exceso de uso das novas tecnoloxías poden entrañar para a veciñanza máis nova.