Charla sobre compostaxe en Xermade
TerraChaXa
O Concello de Xermade súmase á campaña de concienciación e promoción da reserva da biosfera Terras do Miño cunha charla teórico-práctica sobre compostaxe e reparto de composteiros entre os asistentes.
14 sep 2020

A sesión terá lugar o martes 15 de setembro entre as 16.00 e as 20.00 horas. Debido ás condicións sanitarias actuais haberá límite de prazas e só poderán participar 10 persoas polo que é necesario inscrición previa. Esta deberá facerse no teléfono 982 501 002 ou nas propias oficinas municipais.