Charla sobre condutas infractoras no IES Peña Novo
O IES Lois Peña Novo de Vilalba acolleu unha charla englobada dentro do programa KTORCE-18: programa de prevención de conductas infractoras. O Servizo de Centros de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA) teñen como obxectivo a reinserción social dos menores que cometeron algún delito, ofrecéndolles alternativas de futuro que eviten a reincidencia.
Os CIEMA teñen como misión a execución de medidas xudiciais en réxime aberto para adolescentes e mozos en conflito social, baixo unha marcada vertente educativa e pretende alcanzar como obxectivos fundamentais a non reincidencia, a responsabilidade e a autonomía persoal, así como a promoción de pautas para un aprendizaxe significativo e contando coa cooperación de todos os axentes sociais e a familia.
A charla tivo lugar o luns 8 de outubro e estivo a cargo de Ana, traballadora da asociación Arela nun centro de intervención educativa. A ponencia estivo dirixida ao alumnado de primeiro de FP Básica de Informática de Oficina e de Mecánica.