Charla sobre plantas de especies invasoras en Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz organiza este venres, 18 de setembro, unha xornada formativa sobre especies invasoras.
programa_tz.cdr
17 sep 2020

O Concello de Guitiriz organiza este venres, 18 de setembro, unha xornada formativa sobre especies invasoras. Será na Casa Habanera, de 20.00 a 21.00 horas.

Falarán sobre a identificación, a problemática e a xestión destas plantas. O aforo estará limitado e se completará por estrita orde de chegada. A charla estará a cargo da Asociación Galega de Custoria do Territorio.

0.072371959686279