Charla sobre seguridade vial en Friol
TerraChaXa | LugoXa
O centro social de Friol acolle o 16 de outubro, a charla Normas básicas e comportamentos como peóns e condutores nas vías públicas.
13 Out 2021
O centro social de Friol acolle este sábado, 16 de outubro, unha charla co título Normas básicas e comportamentos como peóns e condutores nas vías públicas.
Esta charla está organizada polo Concello de Friol en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico e nela haberá chalecos reflectantes para todos os asistentes.
A charla terá lugar de 11.00 a 12.00 horas.