Chega a Castro Ribeiras de Lea un espectáculo da xoglaresa Alba de Vales

Este venres 16 de maio, Castro de Ribeiras de Lea acolle unha cita moi especial coa tradición oral e a creatividade. Ás 19:00 horas, na Casa da Cultura, terá lugar o espectáculo Contos arredor da terra: contos para camiñar descalza, unha proposta da xoglaresa Alba de Vales que nos convida a mergullarnos en historias nacidas da terra, que camiñan connosco e que nos conectan co territorio e coas raíces máis fondas da nosa cultura.
Trátase dunha actividade pensada para todos os públicos, que convida a sentir, escoitar e deixar que a palabra nos transporte a un mundo de emocións e memoria compartida.
A entrada é libre ata completar aforo.