Chega a Foz o programa Xantar na Casa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou os convenios que permiten ampliar e incorporar no programa Xantar na Casa a catro novos concellos: Foz, Irixoa, Miño e Vilamartín de Valdeorras.
1 1
2 Ago 2019

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou os convenios que permiten ampliar e incorporar no programa Xantar na Casa a catro novos concellos: Foz, Irixoa, Miño e Vilamartín de Valdeorras. A suma destes municipios á iniciativa fará posible incrementar en 40 o número de usuarios que reciben todos os días ano un menú equilibrado.

Fabiola García destacou o esforzo por parte da Xunta de Galicia e dos concellos para que este programa chegue aos maiores, especialmente a aqueles que viven sós. Xantar na casa, ademais de achegarlles unha dieta equilibrada e de calidade, permite levar a cabo tamén unha labor de vixiancia, posto que os maiores manteñen un contacto regular coas persoas que lle achegan as comidas. A conselleira sinalou que cada concello poderá prestarlle o servizo a dez usuarios de cada municipio.

No que vai de ano, cinco municipios se adheriron ao programa e poderán prestarlle este servizo aos seus maiores. Os concellos que veñen de asinar o convenio súmanse ao de Ribeira que firmou a súa integración recentemente. Isto supón a incorporación de 54 novos usuarios a este plan, que reparte mais de 40.000 menús mensuais por todo o territorio galego.

O programa Xantar na Casa chega na actualidade a mais de 1.300 persoas e, con estas novas sinaturas, a 174 concellos. O obxectivo da Xunta de Galicia é acadar os 2.000 usuarios. Así mesmo, nas vindeiras datas incorporaranse a este plan os concellos de Moeche, Porto do Son e San Sadurniño.

A conselleira destacou o firme compromiso da Xunta de Galicia cas galegas e galegos de mais idade. Posto que, ademais de ampliar o programa Xantar na Casa, o Goberno galego segue a traballar para poñer en marcha novas iniciativas como as Casas do Maior ou o RedMay e para incrementar e mellorar recursos como o Servizo de Axuda no Fogar ou a teleasistencia.

0.10678505897522