Chega a Guitiriz unha proba do Campionato Galego ecuestre
O Concello de Guitiriz organiza este domingo, 8 de setembro, en colaboración coa Federación Hípica Galega e a Asociación Cultural Deportiva Ecuestre de Guitiriz unha competición de carreiras de cabalos que conta con modalidades federadas e tamén con probas libres.
O evento celebrarase na rúa Boa Veciña e o aparcamento anexo e comezará ás 10 horas. Haberá diferentes probas durante toda a xornada e a entrega de premios está prevista para as 20 horas. Para garantir un bo desenvolvemento da competición, o Concello cortará a rúa ao tráfico de 8 a 20 horas desde a ferretería Modesto ata Silvet. A vía alternativa de paso será a rúa Manuel María.
A xornada dará comezo ás 10.00 horas coa apertura do reciento que estará ubicado no aparcadoiro público de Guitiriz, acto seguido, comezarán as primeiras probas de andadura serrada e chapeada, ambas federadas para os cabalos superiores e inferiores de 1,5 metros de alzada, e tamén comezarán as de modalidade libre. Ás 19.15 será a quenda do trote dos trotones e ás 20.00 será a entrega de trofeos.
Ademais, repartiranse un total de 650 euros en premios. Haberá oito gratificacións para a categoría federada, que van desde os 120 aos 30 euros, e tamén para a categoría libre, con catro galardóns desde os 100 aos 30 euros.