Chega a I edición de Xoga na Veiga a Cospeito

TerraChaXa
A xornada, dará comezo ás 11.00 horas cunha ruta dos Muíños
xoga-na-veiga
17 Aug 2025

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en Cospeito, celebrará o 24 de agosto, a primeira edición de Xoga na Veiga, unha actividade chea de diversión, música e xogos na Veiga de Porto.

A xornada, dará comezo ás 11.00 horas cunha ruta dos Muíños, que terá unhas dúas horas de duración aproximadamente. A saída será desde a Escola de Pino.

Ás 14.30 horas, terá lugar un xantar popular e, logo pola tarde, haberá xogos para desfrutar o que quede de día.

⚙ Configurar cookies
0.10227394104004