Chega a Vilalba este venres o espectáculo 'Cuenterete'

O Auditorio Municipal de Vilalba será o marco onde, este venres, 12 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar a actuación de Cuenterete de Circo-Cuentos, actividade realizada dentro do programa Dinamiz-ARTj promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad da Enerxía (CIUDEN). A entrada é gratuíta e libre ata completar o aforo.
Da man de Kaskabel y Cía as familias vilalbesas poderán gozar dun espectáculo para todos os públicos, próximo e divertido. Cuenterete chega coa súa maleta repleta de ilusión e con diferentes obxectos cos que irá cativando a atención do público cos seus contos e habilidades.
O público participará de maneira espontánea en xogos e descubrirá o importante que é compartir risas e abrazos, dentro dun espectáculo que inclúe maxia infantil, malabares, clown, canta-contos, xogos e globoflexia.
Dinamiz-ARTj é unha iniciativa do Instituto para a Transición Xusta (ITJ) xestionada a través da Fundación Ciudad da Enerxía (CIUDEN) que naceu en xullo de 2022. Dirixido a artistas individuais ou grupos artísticos así como aos 197 municipios de transición xusta do país, a 2ª edición do programa Dinamiz-ARTj mantén os mesmos obxectivos básicos: dinamizar a actividade cultural nas zonas de transición xusta, favorecer as visitas a estes municipios e contribuír ao enriquecemento da súa oferta turística en zonas de alto valor paisaxístico e ambiental.
Ademais, o programa busca dinamizar os espazos escénicos locais, especialmente aqueles bens patrimoniais de carácter mineiro-industrial, aumentando a actividade que se desenvolve nos mesmos; e incrementar o arraigamento e fomentar a procura do talento local entre os artistas nestas zonas.
A programación desta 2ª edición de Dinamiz-ARTj consta dun total de 176 propostas interpretadas por 810 artistas e das cales 104 están dirixidas a público familiar e 72 a público adulto. Ademais, forman parte desta 2ª edición 165 concellos de transición xusta de 15 provincias (A Coruña, Álava, Almería, Asturias, Burgos, Cádiz, Córdoba, Cuenca, Guadalaxara, Illas Baleares, León, Lugo, Palencia, Teruel e Zaragoza).
O calendario coa programación cultural e toda a información de Dinamiz-ARTj pode consultarse na web www.dinamizartj.com e seguirse nas súas redes sociais en Facebook, Twitter, Instagram e Tik Tok.