O concello de Vilalba acolle esta fin de semana un concerto do ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22. A actuación será a cargo da Banda de Música de Vilaboa, dirixida por Daniel Figueira, e integrada por alumnado da Escola de Música do municipio.
A sesión terá lugar o domingo 26 de setembro ás 19.00 horas no auditorio Municipal Carmen Estévez.
O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorre Galicia con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición musical galega.
A iniciativa desenvólvese ao abeiro do acordo asinado o pasado maio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con este colectivo, cunha achega de 400.000 euros.
PROGRAMA DO CONCERTO
- Juventus (Rolf Amstad)
- Two Celtic Folksongs (Paul Lavender)
- Ortigueira (Enrique García Rey)
- Medley Boleros (arrj J. Molina)
- Banda Galega (Felisindo Pérez Seara)
- Non chores por min Arxentina (Andrew Lloyd Webber)
- Desfilando (José Iglesias Ramilo)
- The avenges (Alan Silvestri)
- Martiñika (Indalecio Fernández Groba)
- Smoke on the water (Deep Purple)
- Blinding light (Weeknd)
- Accidentalmente namorado (Michael Sweeney)
- Viva a vida (Coldplay)
- Escoita como vai! (Tito Puente)
- A Rianxeira (arr. José Luis Represas Carrera)