Chega a XVIII edición do Festival da Chaira a Baltar o 21 de xuño

TerraChaXa
Charanga Bicoia e CÉ Orquestra son as primeiras confirmacións
festival-da-chaira
22 May 2025

O vindeiro 21 de xuño, a parroquia de Baltar, no concello da Pastoriza, converterase no epicentro da festa coa celebración da XVIII edición do Festival da Chaira, un evento xa consolidado no calendario cultural da comarca.

O festival promete unha xornada inesquecible chea de música, actividades para todas as idades, merendas populares e moito bo ambiente nun entorno natural único. A cita será na Praia da Riboira, en pleno corazón de Baltar.

A organización comezou xa a revelar parte do programa polo que xa se sabe que a partir das 14:00 horas, abrirase coa actuación da Charanga Bicoia, un grupo de rapazas cheas de enerxía e alegría que porán ritmo ao vermú, animando a todo o público a bailar e gozar dende o primeiro momento.

Xa pola tarde, ás 18:00 horas, será a quenda de CÉ Orquestra, un artista versátil que mestura música en directo, humor e interacción co público nun espectáculo pensado para nenos, nenas e tamén para adultos.

O Festival da Chaira volve con forza, apostando por unha oferta cultural diversa, familiar e gratuíta.

⚙ Configurar cookies
0.16184401512146