Chega o magosto Cal da Loba de San Martiño de Pino este sábado

TerraChaXa
A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño de Pino retoma este ano o Magosto Cal da Loba para celebrar o día 22 deste mes.
magosto cal da loba cospeito
20 Oct 2022

A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño de Pino retoma este ano o Magosto Cal da Loba para celebrar este sábado, día 22, a segunda edición do mesmo con máis actividades.

Este magosto contará cun amplo programa de actividades que se iniciarán ás 10.30 horas e que comezarán cunha andaina dende a escola do Mato ata o castelo de Caldaloba coa vestimenta de época. Os participantes recibirán o título honorífico Constanza de Caldaloba. Esta distinción tamén será entregada a título póstumo a Darío Xohán Cabana.

Ao finalizar, tralo saúdo dos organizadores encargase da lectura do pregón, a escritora e artista Andreia Costas, gañadora do I Certame de Caligramas Constanza de Castro. A continuación, terá lugar a entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba e do Certame de Caligramas Constanza de Castro, ambos foron convocados en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es co fin de reivindicar a relevancia histórica e cultural da Torre.

Suso Pena Regueiro será o encargado de facer unha introdución sobre a historia e os últimos achados do castelo e a parroquia e dará paso ao recital poético no que participará a preogeira, así como Beatriz Dourado e Daniel Irimia.

Rematarán a mañá con música tradicional a cargo do cuarteto Sementeira Sons da Chaira.

Este ano si haberá xantar medieval, con cocido de época que consistirá en sopa de cocido, cocido completo, postre, pan, bebidas e café.

Pola tarde actuarán las pandereteiras de Caldaloba, haberá música para nenos con Orquestra Cé Pantasma: A Voar e un xogo infantil de busca do tesouro.

Así mesmo representarase a obra teatral Contos nunha lareira de Pino, por José Manuel Pena Regueiro.

A xornada finalizará co magosto, no que haberá ademais das castañas, viño e auga, todo amenizado con música tradicional.

Para participar no xantar e no magosto haberá que anotarse previamente cos membros da asociación antes do 16 de outubro. O prezo será de 25 euros para os socios e de 30 para os non socios tanto sumando as dúas comidas. Os que queiran só magosto deberán aboar 5 euros.

segundo magosto cal da loba cospeito

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19193291664124