Chega o Xove Costa Trail para poñer en valor a costa lucense
O domingo 24 de marzo terá lugar o Xove Costa Trail un evento deportivo para poñer en valor o principal recurso natural que hai no concello, a costa coa celebración dun trail polos camiños e sendeiros mariñaos.
Haberá duas distancias, XCT25 e XCT13 , e ademais unha andaina. Na XCT25 sairán ás 10:00 do Portiño de Moras e serán 25.000 m. que pasarán polas Ruinas de San Tirso. Na XCT13 sairán ás 11:15 do Portiño de Moras e serán 13.000 m. A andaina ten prevista a saída ás 10:00 do Portiño de Moras e serán 13.000 m. A inscrición inclúe transporte á saída, bolsa de corredor, avituallamento, seguro e pincho post carreira.
Os dorsais poderán recollerse o mesmo día da proba dende as 8:00 h no Centro Cívico de Xove.
A cancelación da inscrición haberá que facela antes do 17 de marzo, despois desta data no se tramitará ningunha devolución. Ata o 1 de marzo será devolto o 100% do importe da inscrición, e entre o 2 de marzo e o día 17 de marzo, será devolto o 75%.