Chega unha nova edición da Romaría da Capela de Bascuas
TerraChaXa
O xantar popular terá lugar ás 15.00 horas e a data límite para anotarse é o 10 de agosto
Cartel
5 Ago 2024
A localidade de Bascuas, en Guitiriz, celebrará o 15 de agosto unha romaría que dará comezo coas misas ás 13.00 e 13.30 horas.
A estas seguirá unha sesión vermú a cargo de Javi Show, que tamén se encargará da sesión de tarde logo do xantar campestre.
Este terá lugar ás 15.00 horas servido po Pulpería Taboada, de Melide e constará de polbo, churrasco, sobremesa e café a un prezo de 28 euros.
A data límite para anotarse é o 10 de agosto e a inscrición debe facerse con Ceci no 608 181 302 ou Angelín no 667 476 857.
Ao longo da tarde ademais da música de Javi Show haberá sorteos e inchables para os máis pequenos. Á tarde noite darse por rematada a festa