Chega unha nova edición da Xuntanza de Roupareses

TerraChaXa
Será en Casanova e contará coa música de Claudia antes do xantar
xuntanza-roupareses
Cartel
28 Jul 2024

Este sábado, 3 de agosto, terá lugar a XIII edición da Xuntanza dos Roupareses, unha cita que se recuperou o ano pasado despois de suspenderse no 2020 e estar tres anos sen facerse.

Será en Casanova onde terá lugar a XII Xuntanza dos Roupareses, organizada pola Asociación Mulleres Rurais de Roupar, e as Asociacións de Veciños de San Estevo, Do Campo e de Roupar.

A xornada comezará ás 13:30 horas coa misa en recordo dos veciños que xa non están. Acto seguido será a sesión vermú amenizada polo Claudia e outras actuacións musicais.

Despois haberá un xantar popular cun menú que inclúe empanada, paella, churrasco, sobremesa, café e licores. O prezo será de 25 euros por persoa, 15 para nenos de 6 a 12 anos. A data límite para mercar os tíckets será este venres 26. Están á venda no bar Ares e no bar Petróleo.

0.16217589378357