Chegan a Vilalba as xornadas de degustación de produtos de galiña de Mos
A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba e a Asoicación de produtores de galiña de Mos (Avismós) celebrará dende o mércores 5 e ata o domingo as Xornadas de Degustación dos produtos da raza Galiña de Mos, baixo o título XantaMOS.
O obxectivo destas xornads é poñer en valor as razas autóctonas de Galicia pola súa calidade. Estas xornadas contan coa participación de once locais de hostalería que ofrecerán estes días tapas elaboradas con galiña de Mos en horario de mediodía (13.00 a 15.00 horas) e de noite (de 20.00 a 23.00 horas).
O prazo destas tapas é de 2.50 euros. Participan Cervexería Lembranzas (coa tapa Mos con cogumelos), Cocktail Bar (Saborea-Mos, un cóctel con e sen alcohol), A Taberna de Michel (con O volcán de Míchel), Café Bar Oasis (con galiña de Mos á Rioxana), A Taberna (con Raxo de Mos), o Parador de Vilalba (con A Nosa versión do ovo con pataca e chourizo), Mesón do Campo (Que bonito cacarexaba), Bar Pafe (con Arroz caldoso de Mos), Cafe Bar Cristal (con Tortilla Rachada), Café Centro (Manxar de Mos), Café Xalundes (con Ovos riquísiMOS), Café O Porrás (con Tortilla de Mos), Taberna Galega A Lareira (con Ovos á Lareira), Xoldra Vilalba (con Nós) e La Casa del Lobo (con Ovo de Loba).
Francisco Mosteiro, presidente de Avimós lembra que a galiña de Mos é a primeira raza avíscola españoala e a primeira raza autóctona en perigo de extinción con maior múmero de exemplares. De feito, actualmente están censadas unha 7.000 nais reprodutoras e se comercializan ao ano 30.000 exemplares e máis dun millón de ovos.
A recuperación da galiña de Mos deu comezo oficial en 2001, cando se xuntaron os oito criadores que quedaban en Galicia, a maioría na Terra Chá e comezaron este proceso de crecemento que o que fixo foi consolidar de novo a raza, xa que están rexistrados oficialmente na actualidade 145 criadores en Galicia.
Para Francisco Mosteiro, o futuro da raza é moi positivo, xa que agora mesmo non poden cubrir toda a demanda de produto que teñen, especialmente no tempo de nadal.