Chica Sobresalto actúa este sábado nas Pontes

TerraChaXa
Maialen Gurbindo é un alter ego co que a artista decidiu revolucionar o panorama musical dos últimos anos
Chica-Sobresalto
Chica Sobresalto
17 Out 2024

Maialen Gurbindo é Chica Sobresalto, un alter ego co que a artista decidiu revolucionar o panorama musical dos últimos anos. Ofrecerá un concerto nas Pontes este sábado, 19 de outubro, dentro da xira Plutón.

O concerto será ás 20:00h no Auditorio Municipal Alovi. Unha capa e un traxe de superheroína acompañaron a Maialen Gurbindo cada vez que se subiu a un escenario desde que deu vida a Chica Sobresalto. Un traxe co que aínda que non loitou por manter aorde e a xustiza contra os viláns, si conseguiu salvar a miles deseguidores a través das súas cancións.

Tras o seu paso por OT e cunha pandemia por medio, Chica Sobresalto publicou o seu segundo disco aínda que para moita xente era o primeiro co que se daba a coñecer. Sinapsis (O Dromedario Récords, 2021) levábase xestando case catro anos cando se publicou e colocouse no número 1 de vendas na semana de lanzamento. Cancións como Fusión del núcleo, Oxitocina ou Selección natural convertéronse en himnos nos concertos que ofreceu ao longo dos últimos anos por todo o país.

En maio de 2023 lanza Oráculo, o terceiro álbum da carreira de Chica Sobresalto. Un disco que nace da liberdade compositiva que experimenta Maialen Gurbindo cando se desposúe de todo o que haia ao redor, sen ter que render contas ante ninguén, nin sequera ante ela mesma. O alter ego que está detrás da composición de Oráculo é capaz de predicir os procesos que a propia Maialen vai vivir máis adiante. Só que ela aínda non é capaz de asumilos ou entendelos. Por iso o título.

0.19072008132935