Chimchiribote organiza un obradoiro de teatro en Pol

Pol
TerraChaXa
22 sep 2019

A Asociación Cultural Chimchiribote de Pol retomará estes días  a actividade coa celebración dun Obradoiro Teatral, desta volta con dous grupos. A novidade é que un deles estará aberto a todas as persoas dende os oito anos de idade favorecendo o contacto e relación interxeracional

Este taller aberto a toda a poboación levarase a cabo os venres a partir das cinco da tarde no Centro Sociocultural do Concello de Pol. Outro será os martes a partir das 21.30h no mesmo lugar.

Os interesados en obter máis información ou apuntarse poden charmar ao 679 865 866.

0.18211102485657