Chumi García proclámase en Pantín campión galego de surf
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 Ago 2020
Jesús Miguel García, Chumi, fíxose co título de campión galego máster de Surf na localidade de Pantín, na praia de Valdoviño, na primeira proba trala volta da competición despois de mess paralizada pola pandemia.
O traballo do surfista viveirense na proba foi de menos a máis adaptándose con éxito aos diferentes cambios na rompente. Estivo no podio acompañado de Alberto Reimunde, que foi segundo, Milo Castelo e Víctor Iván Pombo.
O seu club, o Viveiro Surfing Family, destacou que o título vén "á súa dedicación e actitude adestrando".
A seguinte cita do surfista será segiuir traballando para facer un bo papel no Campionato de España do 2021.