Churrascada veciñal en Mosteiro de Outeiro este sábado
TerraChaXa | LugoXa
A parroquia de Mosteiro, en Outeiro de Rei, celebrará o próximo sábado, 3 de setembro, a súa churracada anual para toda a veciñanza.
29 Ago 2022
A parroquia de Mosteiro, en Outeiro de Rei, celebrará o próximo sábado, 3 de setembro, a súa churracada anual para toda a veciñanza.
Será pola noite, a partir das 22.00 horas e contará coa actuación de Judith Cundíns.
Esta cea pon o punto final ás celebracións polo San Salvador que tiveron lugar esta fin de semana coas actuación do Grupo Zeltia e D'Nika, ademais de Jutith Cundíns, que ofreceu un concerto na verbena do sábado.