Ciencia, patrimonio e gastronomía na celebración da cuarta Semana Escolar provincial no IES Lois Peña Novo
TerraChaXa
Gastronomía, etnografía, ciencias sociais e historia, patrimonio, matemáticas ou ciencias da natureza foron os temas dos traballos realizados polo alumnado do primeiro curso de FP Básica de Informática de Oficina do IES Lois Peña Novo durante a cuarta Semana Escola da provincia de Lugo entre o 27 de novembro e o 1 de decembro co apoio das profesoras do ciclo Marta Diz e Fina Paulos.
10 Dec 2017

Cada alumno recibía un pequeno detalle; pero foi Cristina a que se proclamaba gañadora cun traballo sobre o patrimonio cultural de Vilalba que recollía nunha serie de fotografías da historia de Vilalba, antes e agora.
A semana remataba coa degustación dunha tarta de améndoas elaborada por Elena Denisa e cunhas gallegas da profesora Marta.