CIG denuncia a Tegestacín polo impago dos salarios

TerraChaXa | LugoXa
A CIG presentou na xornada de onte unha nova denuncia contra Tegestacín polo impagamento de salarios correspondente a xaneiro de 2022.
reunion comite empresa tegestacin
3 Feb 2022

A CIG presentou na xornada de onte unha nova denuncia contra Tegestacín polo impagamento de salarios correspondente á mensualidade de xaneiro de 2022.

Segundo indican "esta situación é reiterativa ó que se suma unha parte moi significativa do persoal coa falta de pago da mensualidade decembro de 2021".

"Dende a CIG temos claro que non se pode continuar a manter por parte da empresa esta situación de irregularidade nos pagamentos ó persoal, así como unha xestión en remoto do que xa se coñece na contorna como unha empresa pantasma", explican dende o sindicato.

Do mesmo xeito, infórmase que, rematado sen acordo o período de consultas o 28.01.2022, tal e como ratificou a Autoridade Laboral, a empresa ten de prazo 15 días para tomar a súa decisión sobre o ERE ou os despidos.

0.10575389862061