Cinco anpas da comarca únense para organizar actividades en marzo

TerraChaXa | AMariñaXa
As anpas de cinco centros educativos públicos da comarca uníronse para organizar unha serie de actividades no mes de marzo.
A Pontenova fornos mina Boulloso (2)
27 Feb 2023

As anpas de cinco centros educativos públicos da comarca uníronse para organizar unha serie de actividades no mes de marzo dentro do Plan Corresponsable da Universidade de Santiago.

Son os colexios de Meira, A Pontenova, Riotorto, Muimenta e A Pastoriza os integrantes de de esta acción, que teñen aberta a inscrición ata o 28 de febreiro, martes. Estas actividades están abertas a socios e non socios.

A primeira actividade será de parkour e breaking e se desenvolverá o sábado 4 de marzo, de 18.00 a 20.00 horas no pavillón de Meira para idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos.

A seguinte sesión será a realización da ruta dos Fornos, o domingo 12 de marzo, entre as 11.00 e as 14.00 horas. Situada na Pontenova, está dirixida a coñecer a actividade mineira da zona e poderán participar nenos de 6 a 16 anos.

Finalizarán o ciclo cunha sesión de hip hop para famlias que se desenvolverá no pavillón da Pastoriza o sabado 18 de marzo en horario de tarde. Participantes a partir dos 5 anos.

marzo actividades anpas
0.15461206436157