Cinco DJs de Vilalba organizan un festival solidario de 24 horas de duración

TerraChaXa
Os DJ vilalbeses Miguel López, Moisés Martínez Sito, Francisco Javier Pita Kiko, Antonio Currás e Pedro Anido serán os protagonistas os vindeiros días 29 e 30 de maio dun maratón benéfico de 24 horas seguidas de música que ten por obxectivo recadar fondos para Cruz Vermella.
26 Maio 2020

Este particular festival poderá seguirse desde as 17.00 horas do venres 29 ata as 17.00 do sábado 30 en streaming a través da radio online http://radio.8020lounge.es e o servidor de vídeo Twitch, aínda que eles pincharán no pub 80/20, que estará pechado ao público.

Fóra do pub habilitaranse unhas cestas para que as persoas que queiran poidan facer doazóns de alimentos para Cruz Vermella e tamén se abre a posiblidade de que a xente faga a súa petición.

Como complemento, abrirase un número de conta bancaria e se poderán facer aportacións económicas a través de Twitch, con tarxeta de crédito ou conta de Paypal.

0.17008900642395