Cinco empresas da Mariña reciben unha axuda para a súa posta en marcha

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou no último ano 776.
28 Xan 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou no último ano 776.000 euros a trece emprendedores lucenses para a posta en marcha doutras tantas novas empresas na provincia, que mobilizan un investimento global de 1,4 millóns de euros. As axudas corresponden aos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende.

Dentro da Mariña cinco empresas reciben estas axudas. En Burela las receptoras son unha empresa de artes gráficas dixitais e un laboratorio de anatomía patolóxica animal. En Viveiro recibírona una firma que manexa bases de datos, outra enxeñaría e unha consultoría informática.

Trátase de Gustavo Fouce Rodríguez, de Outeiro de Rei, que obtivo unha axuda de 50.000 euros para accións promocionais escénicas, o cen por cento do investimento realizado.

Balseiro explicou que cinco empresas están situadas na comarca de Lugo -tres na capital, unha en Outeiro de Rei e outra en Portomarín-, dúas en Monforte de Lemos e unha última en Samos. A axuda da Xunta supón como media o 53% do investimento subvencionado, aínda que oscila segundo diversos criterios e, nalgúns casos, chega practicamente ao 100%.

A maioría dos proxectos acolléronse ao programa Galicia Rural Emprende, para a creación de empresas de actividades non agrícolas en zonas rurais. En Lugo foron 11 beneficiarios que suman 700.000 euros de axuda e un investimento mobilizado de 1.179.100 euros. A axuda consiste nunha prima básica de 20.000 euros que pode incrementarse ata un máximo de 70.000 euros, atendendo a criterios como o investimento realizado; de feito, na provincia alcanzaron a contía máxima sete das once propostas.

As outras dúas achegas corresponden ao programa xeral Galicia Emprende, que xa non require vinculación específica co rural; suman investimentos por valor de 274.300 euros e axudas por 76.300 euros. Resolveuse a primeira convocatoria da orde do 2019 e proximamente resolverase a segunda -para proxectos cun prazo máximo de execución ata o 15 de xuño de 2021-. Estas axudas oscilan entre o 20% e o 30% dos custos subvencionables (en Lugo unha recibe a porcentaxe máxima e outra o 27,5%).

O delegado territorial incidiu en que o emprendemento “é un dos aspectos nos que máis esforzos está a facer a Xunta de Galicia no marco das políticas activas de emprego, porque cremos firmemente na capacidade da sociedade galega de construír o seu propio futuro, e queremos colaborar ofrecendo o impulso financeiro que necesitan as boas ideas”.

0.19025087356567