Cinco novos artistas únense á quinta edición do FIV

TerraChaXa
O FIV de Vilalba que se celebrará do 22 ao 24 de abril contará tamén con Carlos Sadness, Baiuca, Forget la france, Delafé Dj Set e Idoipe
fiv vilalba 2022 portada
24 Feb 2022

O FIV de Vilalba confirmou novos artistas no seu cartel para este 2022. O primeiro festival da tempada, que desenvolverá a súa décimo quinta edición entre o 22 e o 24 de abril, contará tamén coas actuacións de Carlos Sadness, Baiuca, Forget la France, Delafé Dj Set e Idoipe.

Vilalba gozará durante tres días de diversas actuacións e actividades repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución, o Escenario Emerxente, e no Campo da Feira, o Escenario FIV, e seguindo os protocolos vixentes no momento da celebración do festival, garantindo ante todo a seguridade de público e artistas.

Cinco novas bandas de primeira liña do panorama indie nacional e galego conforman a programación do Escenario FIV do venres 22 e sábado 23 de abril. Unha gran lista de actuacións que se completarán xunto co cartel do Escenario Emerxente, as actividades paralelas, o FIV Kids, un espazo para as pequenas e os pequenos da casa, e a zona de acampada, cuxas reservas se abrirán a finais da vindeira semana.

Indie-electrónico, tropicalismo e folclore no Escenario FIV

O primeiro dos novos nomes en unirse ao cartel do FIV de Vilalba é Carlos Sadness. Subirá al Escenario FIV para presentar o seu último traballo, ‘Tropical Jesus’, onde aposta forte polas bases electrónicas, deixando de lado as percusións orgánicas expoñendo unha infinidade de estilos finamente harmonizados. Un artista que regresa a Vilalba como unha das actuacións máis esperadas. O mellor da escena independente preside o escenario principal do FIV de Vilalba tamén coa actuación de Baiuca. Xa se dicía hai uns meses que isto de unir folclore e pop converteuse nunha das vías máis exploradas pola vangarda musical e ‘Embruxo’, o seu novo disco é unha rave construída a base de frautas, pandeiros, gaitas e demais elementos da música tradicional galega. Unha conexión que quizais sempre estivera aí, pero facía falta alguén para revelala ao resto de mortais.

Un dos pratos fortes desta edición é Forget la france, a banda máis demandada nas redes sociais do propio festival. Esta agrupación de orixe lucense porá sobre as táboas do FIV un directo cun repertorio variado do rock e indie máis actual, conxugado cos temas propios máis cañeros dos seus discos e presentando tamén o seu último traballo, ‘Fuimos aire’. Un espectáculo ameno e entretido, acompañado con iluminación, efectos de luz e fume.
Por outra banda, tamén haberá oco para o indie máis electrónico primeiro da man de Idoipe, quen nesta décimo quinta edición do FIV nos descubrirá un o seu debut ‘Cierzo lento’, un universo musical no que acompaña a súa voz de instrumentos como a bandurria, os paus tradicionais ou a frauta de pico. Cancións on claras influencias do indie máis electrónico e sons orgánicos mesturadas con cancións populares aragonesas e a música electrónica como fío condutor. Desa que se nutre Óscar D’Aniello, máis coñecido como Delafé, quen pechará o Escenario FIV o sábado 23 de abril cunha sesión caracterizada polo ritmo, a mensaxe positiva e a luminosidade do mellor funk, soul, reggae ou hip-hop, aínda que tamén poderán soar clásicos do rock, do pop e como non, da electrónica.

O FIV, xunto ao Concello de Vilalba, volve conxugar a esencia do propio festival marcada polos mellores artistas do panorama indie nacional dando continuidade á programación paralela do festival, aproveitando distintos espazos da localidade dinamizando e ampliando a actividade na vila. Actividades alternativas, aderezadas coa mellor música en directo, e coa posibilidade de combinalo todo coa oferta gastronómica local. Unha nova edición do FIV que volve destacar nesta 15ª edición a importancia e o protagonismo de Vilalba.

O terceiro tramo de abonos para o FIV de Vilalba está a punto de esgotarse. Os dous primeiros duraron menos dunha hora. Á venda na propia web: https://fivdevilalba.com

0.083160161972046