Cinco temporeiros dan positivo no gromo de Castro de Rei

TerraChaXa
Cinco temporeiros deron positivo por coronavirus en Castro de Rei despois de que se detectase o primeiro caso, o dun traballadordo invernadoiro de Arneiro ao que se lle realizou a PCR o domingo pola tarde, segundo asegura o Sergas.
873c1a0d6a6c3009e12a9c5a0d7b 1608807
11 Ago 2020

Cinco temporeiros deron positivo por coronavirus en Castro de Rei despois de que se detectase o primeiro caso, o dun traballadordo invernadoiro de Arneiro ao que se lle realizou a PCR o domingo pola tarde, segundo asegura o Sergas.

De momento, hai 50 persoas illadas as cales estiveron en contacto co caso positivo e que residen na mesma pensión de Castro Ribeiras de Lea, e os servizos sanitarios seguen a facer os PCR as persoas residentes no edificio.

O alcalde do Concello de Castro de Rei, Francisco Balado, comunicou que "se están a facer os test PCR a todos os traballadores do invernadoiro tralo gromo rexistrado onte".

"Non creo que haxa un gran risco ou preocupación mentres non se saiban os resultados das probas", dixo o alcalde, "non hai ningún motivo para alarmarse".Ao principio da pandemia xa tivemos algúns casos na residencia e outros centros, polo que de momento non temos gran preocupación", engadiu.

"Hai uns meses tivemos unha decena de positivos distribuídos entre as residencias de maiores e outros centros, polo que agora tamén poderemos remontar esta segunda fase", indicou o rexedor de Castro, "os veciños xa están máis concienciados no uso da máscara".

A empresa, Surexport, propietaria dos invernadoiros, ten unha planta de embalaxe no polígono de Castro e invernadoiros en Arneiro e produción en Pacios, no Concello de Begonte.

0.15274596214294