Cine, circo e panoliñas centran o programa da fin de semana nas Pontes

TerraChaXa
As Pontes celebrará unha fin de semana de actividade cultural dentro do programa de Nadal, que arrancou na localidade co acendido de luces.
PELICULA AS BESTAS
8 Dec 2022

As Pontes celebrará unha fin de semana de moita actividade cultural dentro do programa de Nadal, que arrancou na localidade co acendido de luces.

Tiñan pensado arracar o vernes, ás 18.00 horas no parque municipal cun espectáculo de rúa de La Fam Produccións pero este tivo que ser suspendido pola choiva ao tratarse dunha actividade perigosa en esas condicións climáticas.

Pero, si haberá outras actividades. Para este sábado está previsto o espectáculo Ambulant, tamén de La Fam Produccións. Trátase dun espectáculo circense de sala de gran formato, dirixido polo recoñecido director Adrian Schvarzstein, e que combina a música en directo cunha elaborada posta en escena. Ambulant é unha homenaxe aos últimos circos clásicos de principios do século XX.

Un pequeno e pintoresco circo acaba de chegar á cidade despois de percorrer centenares de quilómetros cos seus carros cargados de maletas e baúis. Buscan o lugar idóneo no que instalarse. Ninguén sabe de onde veñen, pero contan que entre os seus membros están algúns dos máis virtuosos artistas do espectáculo.

Unha proposta poética e intimista que versa ao redor da viaxe a ningunha parte. Será ás 16.00 e as 19.00 horas no Cine Alovi.

O domingo contará cun Festival de Nadal co canto das tradicionais panxoliñas. Será ás 18.00 horas de novo no Cine Alovi e serán as rondallas Estrelecer e Vila de As Pontes as encargadas da música.

CINE

Tamén continuarán as proxeccións de cine. Nesta ocasión para os máis pequenos poderá verse Hopper, el polloliebre. As sesións serán o sábado e o domingo ás 17.00 horas na Casadopeso.

Conta a historia de Hopper, o fillo adoptivo do Rey Pedro, un famoso aventureiro que naceu metade pito e metade lebre. Ansioso por ser aceptado a pesar das súas diferenzas.

Hopper embárcase nunha emocionante aventura xunto co seu fiel servente Abe, unha tartaruga sarcástica, e Meg, unha mofeta intrépida experta en artes marciais, en busca da cobizada reliquia coñecida como o Hámster da Escuridade. Os tres enfróntanse a todo un reto ao ter que chegar antes que Lapin, un vilán cuxa recente fuga do cárcere ameaza a paz do reino.

Para os maiores proxectarase a aclamada As Bestas, o sábdo ás 19.30 e ás 22.15 horas e o domingo ás 19.30 horas.

Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou hai tempo nunha aldea do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos aldeáns non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión creza na aldea ata alcanzar un punto de non retorno.

ACTUACION AMBULANT AS PONTES
FESTIVAL DE NADAL AS PONTES
HOOPER EL POLLOLIEBRE
0.12208700180054