Cine e teatro dentro das actividades de Burela para xaneiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A programación cultural de Burela para xaneiro inclúe cine, teatro e exposicións.
95592920_2676802482601232_7098089126347407360_o
9 Xan 2020

A programación cultural de Burela para xaneiro inclúe cine, teatro e exposicións. 

Os domingos 12 e 26 continuará o ciclo Burela de Cine con películas infantís. Será ás 18:30 horas e a entrada é gratuíta.

O 17 de xaneiro haberá teatro en inglés para escolares de primaria coa actuación de Cia. OnStage Company. Desenvolverase en horario de mañá e está organizado por Afundación Obra Social Abanca.

Ademais ata o día 15 de xaneiro na Sala de Arte poderá visitarse a exposición Postais de Nadal. E do 20 ao 30 de xaneiro estará aberta a mostra de Manualidades dos Cursos de Muller.

Colaboran co Concello de Burela na organización destas actividades: a Xunta de Galicia, Falaredes, Buxiganga Proxecto Teatro Afeccionado 2019 e Deputación de Lugo.

0.11692905426025