Cine na rúa e concerto este venres en Meira

TerraChaXa
Continúa a programación de ocio en Meira cun venres con dobre sesión de cine na rúa e a películas Cuñados e concerto de Nove Ferreñas.
cunados cine na rua castro amigos da feira
18 Aug 2022

Continúa a programación de ocio en Meira cun venres con dobre sesión de cine na rúa e concerto.

O programa de Cine na Rúa en Meira cunha nova proxección, ás 22.00 horas, na praza do Convento proxectarase Cuñados, un dos filmes máis vistos nos cines galegos durante o 2021 e que tamén foi nomeada a 16 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar.

Esta proxección está organizada pola asociación cultural M de Meira.

CONCERTO

A programación de lecer do apartado Venres Musiciais tamén continúa. Así, mañá, venres 19 de agosto, haberá un concerto de Nove Ferreñas.

A sesión terá lugar a partir das 20.30 horas na praza do Concello. Está aberta a toda a poboación e en caso de mal tempo trasladarase á igrexa.

O concerto foi organizado polo Concello de Meira.

actuacion venres musicais meira

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18417811393738