Cinema, teatro e concertos para celebrar as patronais do Valadouro
Do 5 o 9 de setembro, O Valadouro contará cunha oferta cultural para todos os públicos.
Cinema, teatro e concertos dunha forma distinta ao habitual lembraran as patronais, todas as actividades organizadas polo Concello cumprirán con todas as medidas recomendadas de hixiene e saúde establecidas por mor da pandemia de covid-19.
Así, comezarán o día 5 ás 21.30 coa proxección de Mia y el león blanco, o domingo 6 ás 21.30 horas haberá teatro co Grupo A Adala e a súa obra Oia Doutor.
O luns 7 poderase desfrutar da obra de teatro Senior, e o martes de Alegría sobre rodas. Tamén o martes haberá un concerto de Pelepau ás 22.oo horas.
Xa o mércores 9 será o concerto dos Acordeonistas da Mariña ás 20.30 horas e acto seguido La Ocaband porá o peche a estas festas.