Cirios como protesta polo peche do colexio de Baamonde

TerraChaXa
A Anpa do Ceip de Baamonde continúa promovendo actos de protesta en contra do peche do centro coa colocación de 30 cirios.
colexio baamonde protesta cirios
9 Abr 2021

A Anpa do Ceip de Baamonde continúa promovendo actos de protesta en contra do peche do centro polo que onte fixo na entrada das instalacións un acto simbólico que consistiu na colocación no valo perimetral do colexio de 30 cirios en representación dos 30 alumnos cos que conta actualmente o centro.

Cada cirio leva o nome dun neno e con el quere representarse . Queremos representar esa luz de esperanza que eles aínda teñen de que non lles pechen o seu cole.

O peche do centro está previso ao finalizar xa o este curso, pero a anpa no perde a esperanza e continuará organizando concentracións e actos reivindicativos. O seguinte terá lugar o vindeiro martes 13 xunto á Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos de Lugo (Fapacel) e Anpas Galegas. Será ás 12.00 horas, diante do edificio multiusos da Xunta de Galicia en Lugo, baixo o lema Se pechamos Baamonde, pechamos o rural.

Os organizadores esperan a asistencia de representantes de sindicatos e doutras Anpas que xa mostraron o seu apoio ás súas reivindicacións.

0.15821599960327