Clases abertas de ximnasia no CDR As Pontes
TerraChaXa
Serán no pavillón Castro da Uz, os luns e os venres de setembro

1 Sep 2025
O CDR As Pontes, en colaboración co Concello das Pontes, organiza unhas clases abertas de ximnasia para todas as persoas que queiran asistir e teñan máis de cinco anos.
Serán no pavillón Castro da Uz, os luns 8, 15 e 22, de 17.00 horas a 18.15 horas, e os venres 12, 19 e 26, de 16.00 horas a 17.15 horas.
Para poder asistir, é preciso reservar a praza chamando ao teléfono 629 917 468.