Coa provincia á baixa, preocupa o aumento da covid en Guitiriz

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid na provincia de Lugo. Descenden os contaxios e casos agás no gromo que hai en Guitiriz
cribado guitiriz covid
12 Feb 2021

A covid segue en remisión tanto en casos activos como en presión hospitalaria malia que continúa sendo algo o números de casos novos, que está paliado pola gran cantidade de altas que se están dando estes días.

Así, este venres os casos activos sitúanse en 1.437, que son 77 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 127.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 62 casos novos (onte foron 71). Ademais, as altas volven sermoi elevadas xa que chegaron ás 9.384, 140 en 24 horas, o día anterior foron 194.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.153 casos rexistrados e 186 persoas falecidas, unha máis que onte, unha usuaria da residencia de Sarria de 102 anos.

Pola contra, a presión hospitalaria segue sendo alta pero redúcese. Nas UCI hai un caso menos, 25 en total, todos no Hula. Hospitalizados en planta hai 66 persoas (5 menos que onte), 35 no hospital de Lugo (7 menos), 10 na Mariña (1 máis) e 20 en Monforte. Volve ingresar unha persoa no Polusa de Lugo.

POR COMARCAS

A Mariña

A situación na Mariña xa controlada con só Viveiro con acumulación de casos, aínda que á baixa.

  • Viveiro reduce 2 casos e son xa 50.
  • Burela queda en 27.
  • Ribadeo rebaixa 1 a 14.
  • Riotorto é o único concello sen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Vilalba experimenta unha nova baixada importante de casos pero aínda están moi altos. Guitiriz preocupa ata chegar a 74 casos, no resto contrólase.

  • Vilalba continúa á baixa con 120 casos, 18 menos.
  • Nova subida para Guitiriz, 13 casos máis que onte para chegar a 74.
  • Cospeito sobe 4 casos ata 16.
  • Outeiro de Rei mantén 14.
  • Begonte baixa 1 e xa está en 10.
  • Castro de Rei sobre 1 e xa son 17.
  • Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes continúa baixando, 2 casos menos hoxe, 48 no cómputo total.

Centro da provincia

Lugo e Palas de Rei experimentan descensos e o resto mantense menos no Corgo que está en crecemento.

  • Lugo segue rebaixando a incidencia, esta xornada con 10 casos menos ata 313.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 8 menos e 26 en total.
  • Monterroso volve rebaixar 1 ata 16.
  • Portomarín e Guntín seguen con 14.
  • Castroverde rebaixa 1 e tamén suma 14 en total.
  • O Corgo volve sumar casos, 4 máis, e chega a 16.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

A comarca segue na senda do control do virus só con dous concellos en alerta.

Sarria rebaixa a 68 contaxios, 4 menos.

Láncara rebaixa 1 caso ata 15.

Ribeira Sacra

Descensos significativos en Monforte e Quiroga e segue a tendencia á baixa. Só suma hoxe A Pobra do Brollón, un caso.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 149 casos, 5 menos.
  • Quiroga segue en descenso con rebaixa a 24, 11 menos que onte.
  • Chantada mantén os 14 de onte.
  • Taboada tamén rebaixa 3, que pasa a ter 13 casos.
  • O Saviñao queda en 18 contaxios (2 menos).
  • Pantón baixa a 15 (1 menos).
  • Pobra do Brollón suma un caso e certifica 12.
  • Sober segue con 12 casos.
0.15673303604126