Codesido prepárase para celebrar as festas na honra a San Martiño e San Antonio

TerraChaXa
O venres 20, a partir das 22:00 horas, arrancarán as celebracións cunha churrascada popular gratuíta
festas-codesido
18 Jun 2025

A parroquia de Codesido, en Vilalba, vivirá un intenso fin de semana festivo os días 20, 21 e 22 de xuño de 2025, con motivo das festas na honra a San Martiño e San Antonio. O programa, cargado de música, tradición e gastronomía, promete converter a localidade nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.

O venres 20, a partir das 22:00 horas, arrancarán as celebracións cunha churrascada popular gratuíta amenizada polo trío Merengue. O sábado 21, a partir das 13:30 horas, celebrarase a misa solemne e a tradicional procesión, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo JB Son, que tamén será o encargado de poñer a música na verbena nocturna xunto co dúo Calibre.

O domingo 22 repetirase o esquema: misa solemne, procesión e sesión vermú a partir das 13:30 horas, desta volta só co dúo Calibre, que poñerá o broche final ás festas. Todas as actividades desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, garantindo o disfrute sen depender das condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
1.8224999904633