Cohempo arranca a campaña de Nadal repartindo 3.800 euros en premios entre os clientes

TerraChaXa
Inclúen seis tarxetas de 300 euros cada unha e dous premios especiais de 1.000 euros
merca-nas-pontes-nadal
7 Dec 2024

Deu comezo este xoves, 5 de decembro, a campaña de Nadal Merca nas Pontes, organizada por Cohempo, a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses, cunha iniciativa que busca impulsar o comercio local nestas datas tan sinaladas.

Este ano, a campaña, que se prolongará ata o 6 de xaneiro, volve ter premio: todas as persoas que realicen as súas compras nos negocios locais adheridos poderán participar no sorteo de 3.800 euros en premios. Para entrar no sorteo, os clientes deberán conseguir unha tarxeta de participación e completala con tres selos, que se obterán tras realizar tres compras en calquera 44 establecementos participantes.

Os premios inclúen seis tarxetas de 300 euros cada unha e dous premios especiais de 1.000 euros, que serán sorteados entre todos os participantes. A organización anima a seguir as redes sociais para estar ao tanto de todas as novidades e detalles desta campaña.

Baixo o lema Este Nadal, Merca nas Pontes ten premio, esta iniciativa busca non só premiar a fidelidade da veciñanza, senón tamén reforzar o papel fundamental do comercio local na economía e na vida social da vila durante o Nadal.

0.20114302635193