Cohempo entrega os premios do concurso de decoración de Nadal
A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresaris Ponteses (Cohempo) fixo entrega dos premios do Concurso de Decoración de Nadal 2024, organizado en colaboración co Concello das Pontes. Unha vez máis, a creatividade e o esforzo dos veciños e veciñas contribuíron a encher de luz, cor e maxia as rúas da vila durante as festas.
Desde a organización expresaron o seu profundo agradecemento a todas as persoas participantes, así como ao xurado, composto por Gemma García (MAYGE menaxe e agasallos), Jacobo Docanto (La Casa de Candelaria) e Elena López (Concello das Pontes). Ademais, recoñeceron a colaboración de Néboa Estudio Fotográfico, encargado de inmortalizar os mellores momentos do evento.
Na categoría de Casas, na modalidade de Fachada, o primeiro premio foi para Vanesa Rivera Franco (350 €), o segundo para María Carmen Martínez López (250 €) e o terceiro para Mari Luz Fernández Barro (150 €). Na modalidade de Xardín, o único premio (250 €) recaeu en Mariluz Barrio Pena, mentres que na modalidade de Fachada + Xardín o primeiro premio (500 €) foi para Carlos Corral Pico e o segundo (300 €) para María Jesús Gregorio.
En Edificios de Vivendas, na modalidade de Fiestras e Balcóns, o primeiro premio (250 €) foi para Cristina Rodríguez García, o segundo (150 €) para María Blanco Fernández e o terceiro (100 €) para Iria Bellas Carballo. Na modalidade de Portais, o primeiro premio (150 €) foi para Lara Corral Gegúndez e o segundo (100 €) para María Cendán Vilaboy. Na modalidade de Portas, o único premio (100 €) foi para Juan F. Esteban Hurtado.
Na categoría de Clubs e Asociacións, o primeiro premio (300 €) foi para A Xanela e o segundo (200 €) para Aspanaes. Ademais, entregáronse tres accésits, con premios de 100 € cada un, a Cecilia García Picallo, Natalia Corral Franco e Sandra Alonso Fontao.
Desde o Concello e Cohempo animan a toda a veciñanza a continuar participando nos próximos anos e agradecen o compromiso de todos por converter As Pontes nun lugar cheo de maxia e espírito festivo durante o Nadal.