Cohempo inicia unha campaña promocional para celebrar o Día do Pai

TerraChaXa
O gran atractivo desta campaña é o seu orixinal premio: unha experiencia de condución
buscase-pai-aventurero-cohempo
13 Mar 2025

A Asociación de Comerciantes Cohempo arrancou unha nova campaña promocional para celebrar o Día do Pai, que se desenvolverá ata o 19 de marzo.

Para participar nesta iniciativa, os clientes deberán realizar unha compra superior a 15 euros nos establecementos asociados a Cohempo durante as datas indicadas. Posteriormente, deberán entregar no propio comercio os tíckets de compra xunto co seu nome, apelidos e un teléfono de contacto.

O gran atractivo desta campaña é o seu orixinal premio: unha experiencia de condución que inclúe un Curso de Iniciación de Carcross na Base Motor Club en Carballo. Esta emocionante experiencia inclúe benvida e almorzo, visita á fábrica, briefing técnico e equipamento, unha quenda de adestramento con conos e 4 quendas de 5 voltas no circuíto de iniciación.

O sorteo realizarase o venres 21 de marzo na oficina de Cohempo (de forma non presencial), e o gañador será contactado posteriormente.

Dende a asociación empresarial destacan que esta campaña pretende ofrecer un agasallo diferente, atractivo e novidoso, "que non só sorprenda aos pais senón que tamén incentive as compras nos establecementos locais asociados".

"Quixemos crear unha campaña que chame a atención, cunha imaxe potente e un premio especial que anime aos clientes a mercar no comercio de proximidade", explicaron.

Con esta proposta, Cohempo reafirma o seu compromiso co impulso do comercio local, brindando unha experiencia única para celebrar unha data tan especial como o Día do Pai.

⚙ Configurar cookies
0.5752420425415