Cohempo organiza as Xornadas Gastronómicas Queixo do Eume
TerraChaXa
Cohempo celebra esta fin de semana as Xornadas Gastronómicas Queixo do Eume, convocadas coincidindo co Día do Queixo.
24 Mar 2022
A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes, Cohempo, celebra esta fin de semana as Xornadas Gastronómicas Queixo do Eume, convocadas coincidindo co Día do Queixo, que se celebra o 27 de marzo.
As xornadas pontesas terá lugar do 25 ao 27 de marzo con tapas a 2 euros feitas con queixos do Eume.
Participan nesta iniciativas varios locais: Cervecería Jardín, A Caseta do Parque, Mesón de pepe, Segunda cueva, A Fervenza de Somede, Mesón 7 camiños, La Capilla, Mamma mia e Venus.
Ademais, tamén haberá platos especiais con este ingrediente do Eume en Dellapiccola, La Bodega e Casa Teresa.
Todos os que participan nestas xornadas entrarán no sorteo de 12 visitas a Queixerías do Eume con almorzo incluído.