Cohempo organiza esta semana a campaña de San Valentín

Do 10 ao 14 de febreiro, os establecementos asociados a Cohempo celebran San Valentín cunha campaña especial para premiar aos seus clientes. Participar é moi sinxelo: basta con realizar unha compra por un importe igual ou superior a 15 euros nalgún dos comercios asociados durante esas datas.
Unha vez feita a compra, só terás que achegar o teu tícket á haima situada no Parque Municipal o venres 14 de febreiro, entre as 16:30 e as 19:00 horas. Alí poderase xogar con Cohempo, estoupar globos e facerte cun dos agasallos dispoñibles ata esgotar existencias.
Esta iniciativa, organizada por Cohempo As Pontes, conta coa colaboración de Comercio360 Galicia, Xunta de Galicia e Concello das Pontes.