Cohempo organiza o desfile de presentación de tempada este venres
A Asociación de Comerciantes das Pontes, Cohempo, organiza este venres día 5 de maio, ás 20:00 horas, no Cine Alovi o II Desfile de Presentación de Tempada.
Nesta ocasión o comercio asociado mostrará as novas coleccións da tempada primavera-verán e dará a coñecer as novas tendencias de cara aos vindeiros meses en moda, decoración, calzados e accesorios, entre outros.
As persoas interesadas en asistir poden conseguir a súa entrada esta semana nos establecementos participantes e que este ano son 13: El Baúl, Calzados Saavedra, Lecar712, Vilaboy Moda, Niza, Texas, Urbo, VL, Zokos, Novalux, Ratón Pérez, La Tienda e Rovil Studio.
Previamente, esta semana o comercio local realiza unha campaña polo Día da Nai, de modo que as compras realizadas en calquera dos establecementos adheridos entran nun sorteo dun cofre de experiencias.