Cohempo organiza o sábado unha charla de Elsa Punset
									TerraChaXa								
			Cohempo, a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses organiza este sábado as II Xornadas de Motivación con Elsa Punset.
 					
					
2 Jun 2022
			
				Cohempo, a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses organiza este sábado, 4 de xuño, as II Xornadas de Motivación con Elsa Punset.
A sesión será ás 19:00 horas no Cine Alovi. Estas xornadas están dirixidas a socios pero hai prazas libres que poñen a disposición de todos/as os que queiran asistir ata completar aforo.
Así, os interesados en anotarse poden facelo no email cohempo@cohempo.es ou no teléfono 694 446 724.