Cohempo organiza un orixinal concurso por San Valentín
A asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios das Pontes, Cohempo, organiza esta fin de semana un orixinal concurso aproveitando a celebración de San Valentín.
O sábado pola mañá e o luns a tarde, un coche antigo vermello cedido por Clásicos As Pontes, paseará por diante dos establecementos asociados a Cohempo, repartindo uns detalles de San Valentín, e de copilotos viaxarán as mascotas: os osos de Cohempo.
Os clientes terán que facerse unha foto co coche e o oso e subila a Facebook etiquetando a Cohempo- Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses.
Para participar no concurso será necesario que nos envíen unha foto dun ticket ou factura dunha compra feita entre o 8 e o 14 de febreiro en calquera establecemento asociado a Cohempo As Pontes. Cada ticket só se poderá utilizar para participar unha vez e cada persoa poderá participar só cunha fotografía. A foto con máis me gusta reciba será a gañadora.
A data máxima para enviar a foto é ata o 15 de febreiro e o comezo da votación será do 16 ao 21 deste mesmo mes. Coñeceranse aos gañadores o mércores 22 de febreiro.
Os gañadores recibirán un vale de 150 euros para gastar na axencia de viaxes Barbol Travel, o primeiro, e outro de 100 euros para gastar nunha cea nun dos restaurantes asociados a Cohempo.