Cohempo organiza unha campaña promocional para celebrar o Día do Pai

TerraChaXa
O gran premio consistirá nunha cesta cunha selección de produtos pensados para que os Super papás recuperen a enexía e tres sesións de fotos
campana-dia-do-pai-cohempo
15 Mar 2026

A Asociación de Comerciantes Cohempo arrancou unha nova campaña promocional para celebrar o Día do Pai, que se desenvolverá ata o 19 de marzo.

Para participar nesta iniciativa, os clientes deberán realizar unha compra nos establecementos asociados a Cohempo durante as datas indicadas. Posteriormente, deberán entregar no propio comercio os tíckets de compra xunto co seu nome, apelidos e un teléfono de contacto.

O gran premio consistirá nunha cesta cunha selección de produtos pensados para que os Super papás recuperen a enexía. Tamén haberá tres sesións de fotografía pai e fillos con lámina enmarcada.

Con esta proposta, Cohempo reafirma o seu compromiso co impulso do comercio local, brindando unha experiencia única para celebrar unha data tan especial como o Día do Pai.

0.11486506462097