Cohempo repartiu os seus premios de decoración de Nadal nas Pontes
A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses e o Concello de As Pontes fixoeron entrega dos premios correspondentes ao Concurso de decoración de Nadal.
Fixeron unha mención especial aos clubs e asociacións pola súa participación (A Xanela, Asociación Discapacitados Activos, Aspanaes, Casadomel Goente As Pontes e Club Escuela Defensa Personal y Policial HKF), "xa que, grazas a eles, cada ano cobra máis forza esta categoría".
Na categoría CASAS. Establecéronse tres grupos. No de fachadas o terceiro foi para Silvia Gregorio Dopico, que foi precedida de Vanesa Rivera Franco e Cristina Bouza Pereira, que recibiron entre 100 e 250 euros.
En xardín o segundo premio, de 150 euros foi para Begoña Ferreiro Yañez e o primeiro Premio (250 €) para Mariluz Barrio Pena.
En fachada+xardín quedou terceira Isabel Vivero Franco, por detrás de María Jesús Gregorio Cabaleiro e Carlos Corral Pico. Os premios foron de 200 a 500 euros.
A categoría EDIFICIOS De Vivendas tamén dividiuse en dous grupos. En fiestras e balcóns repartíronse os premios María Blanco Fernández, Cristina Rodríguez García e Eva María Meizoso Rodríguez (gañadora), de entre 100 e 25o euros.
En portais o terceiro foi para Vanesa Montero López, o segundo para María Cendán Vilaboy e o primeiro para Lara Corral Gegúndez, cos mesmos importes.
Na categoría CLUBS e Asociacións houbo un único premio de 300 euros que foi para A Xanela.
Ademais o xurado concedeu catro accésits de 100 euros a Isabel Díaz Pérez, Aspanaes, Juan Antonio Esteban Zubigalla e Mª Luz Fernández Barro.