Colectivos limpan a piscina natural do río Parga

TerraChaXa
Parga recupera a piscina natural para o baño no tramo do río que pasa pola zona, volvendo a estar á disposición da veciñanza e visitantes.
piscina natural rio parga
18 Ago 2022

A parroquia de Parga recupera a súa piscina natural para o baño no tramo do río que pasa pola zona, volvendo a estar á disposición da veciñanza e dos visitantes.

Varias asociacións da vila e a sociedade de pesca Amigos do Parga lograron o permiso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o acondicionamento deste lugar que presentaba moi mal estado debido á cantidade de maleza acumulada.

Catro asociacións participaron nestes labores de limpeza que se prolongaron durante catro días e que implicaron a retirada de herba, maleza e lixo acumulado polo que a zona quedou lista para poder volver practicar o baño.

As asociacións participantes nesta actividade foron o Club de Amigos do Río Parga, os propietarios da Feira, os comuneiros de Santo Estevo e o Club Fluvial.

O que non recibiron foi o permiso para acometer a limpeza do tramo comprendido entre a ponte e o muíño, unha zona que está impracticable para a pesca.

0.35530591011047